O cambio de goberno é para o PP o primeiro paso para saír da crise

    mitinppribeira100.jpgRIBEIRA> O PP do Barbanza, co presidente da Xunta á cabeza, volveu apostar polo cambio de goberno como primeira medida para sacar a España da crise.

    {flowplayer}barbanza/mitinppribeira.flv{/flowplayer}

    Fronte ó compromiso serio e rigoroso do goberno que propón o PP, Alberto Núñez Feijoo contrapuxo a política de déficit, paro e incumprimento amosado polos socialistas nos últimos sete anos.

    Tamén houbo críticas para o BNG ós que acusou de desconfíar de España cando o país o que precisa é todo o contario.

    A pesar do vento favorable das enquisas, que lles outorgan unha sobrada maioría absoluta, Feijoo fixo un chamamento á participación para conseguir, a través das urnas, non só a vitoria do Partido Popular, senón tamén a de España.

    Redacción Barbanza