CxG de Lousame pide mancomunar o servizo do centro de día

    LOUSAME> Compromiso por Galicia presentará unha moción para o seu debate no vindeiro pleno a través da cal solicítalle ó equipo de goberno que asine un convenio con outros concellos da comarca co fin de mancomunar o servizo do Centro de Día. Segundo os membros desta formación, a resolución da alcaldía, pola que se solicita á Deputación da Coruña unha subvención de 45 mil euros para afrontar os gastos que ocasiona esta instalación, é un claro exemplo de que o concello non ten a capacidade de asumir a xestión en solitario deste servizo. O concelleiro de CxG en Lousame, Antón Ageitos, sinala ademais que unha ampla porcentaxe dos actuais usuarios do centro residen en Noia, polo que este sería un dos municipios chamados a asinar o convenio de colaboración, asumindo a parte proporcional dos custes. A pesar de estar a favor do mantemento do Centro de Día, xa que son políticas de benestar social, dende a formación galeguista entenden que é o momento de que os concellos mancomunen este tipo de servizos para manter a súa viabilidade.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí