RIBEIRA> O concello de Ribeira volverá celebrar a festividade de Santa Icía cun ciclo de concertos. Terán lugar o venres e o sábado coa participación das corais municipais e do Círculo Mercantil. As actuación desenvolveranse na igrexa de Santa Uxía.
A igrexa parroquial de Ribeira encherase de música esta fin de semana cos concertos programados co gallo da festividade de Santa Icía.
A coral polifónica de Ribeira será a encargada de abrir este ciclo o venres cun repertorio exclusivo de música sacra.
Tomaralle o relevo a Coral Polifónica do Círculo Mercantil que o sábado interpretará seis pezas do máis variado como Viento del Norte, Peregrino ou a Salve Rociera que porá o broche de ouro.
O concerto do venres dará comezo ás oito e o do sábado media hora máis tarde. A entrada será libre ata completar o aforo do templo.











