RIANXO> O Consello da Xunta aprobou onte a declaración de Proxecto Industrial Estratéxico da factoría que a empresa Stolt Sea Farm vai crear en Rianxo. A declaración permite, ademais de axilizar os prazos para a posta en funcionamento da nova factoría, solventar unha serie de difucultades que viñan obstaculizando o desenvolvemento do proxecto, o cal conta cun investimento de 44,5 millóns de euros de investimento.
O alcalde de Rianxo mostrou a súa satisfacción polo acordo do Consello da Xunta que permitirá axilizar os prazos para a posta en funcionamento da nova factoría, solventar unha serie de difucultades que viñan obstaculizando o desenvolvemento do proxecto que podería estar operativo xa en 2025.
Segundo o rexedor prevese a creación de máis de 150 postos de traballo directos no municipio, cun investimento de total de 44,5 millóns de euros.
O alcalde quixo agradecer tamén á Consellería de Economía, Industria e Innovación o traballo feito nestas últimas semanas para que esta declaración fose posible, así como a vontade da empresa durante todo este tempo a traballar de maneira conxunta co Concello para sacar adiante este importante proxecto para o municipio.