O CIFP Coroso estreará en xaneiro os dous novos talleres de automoción

    RIBEIRA> Xa están en marcha as obras dos novos talleres para o ciclo de automoción do Centro Integrado de Formación Profesional de Coroso. A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Docampo, supervisou os traballos no instituto ribeirense. Estímase que as dúas naves entre en funcionamento a principios do próximo ano. As obras, visitadas pola delegada da Xunta na Coruña e o xefe territorial de Educación, veñen satisfacer unha vella demanda do centro integrado de formación profesional de Coroso. Beneficiaranse destas novas instalacións os alumnos de catro ciclos formativos que precisaban dun espazo máis amplo para a realizacións das prácticas. A Consellería de Educación destinou preto de seiscentos mil euros para habilitar as dúas naves que ocuparán unha superficie total de cincocentos cincuenta metros. Se as obras avanzan segundo o previsto, os alumnos poderán comezar a traballar nos novos talleres en xaneiro, á volta das vacacións de Nadal.