RIBEIRA> Recollendo as queixas de numerosos veciños, o BNG levará ó vindeiro pleno unha moción a través da cal lle solicita ó goberno municipal a apertura do apeadoiro de autobuses que. segundo eles. leva varios meses pechado, causando graves prexuízos para os usuarios deste servizo.
Dende a formación entenden que o transporte público non debe ser un servizo de segunda, e debe ofrecerse en condicións dignas e cun mínimo de calidade. Así criticaron ó goberno local por demostrar que o transporte público non está entre as súas prioridades.









