A FEB celebrará finalmente a campaña de Nadal

    campanhanadalfeb.jpgBARBANZA> O cambio na decisión da patronal comarcal debeuse a que no día de onte saíu publicada no DOG unha convocatoria de axudas pare este fin.

    {flowplayer}barbanza/campanhanadalfeb.flv{/flowplayer}

    A marchas forzas pola escaseza de tempo pero con moito ilusión xa están en marcha os preparativos de campaña de Nadal da FEB. Neste ano, o modelo será distinto que en anteriores edición posto que a convocatoria de axudas publicada pola Xunta establece que o gasto estea xustificado ata o 23 de decembro, polo que só se desenvolverá ata esa data. O sistema de premios tamén varía e optouse pola entrega directa no momento da compra. Iso sí, dende a directiva agardan seguir contando cunha contía importante para repartir entre os premiados.

    Na campaña que botará a andar o próximo 1 de decembro participarán as patronais de Muros, Porto do Son, Outes, Mazaricos e A Pobra. Quen fóra Ribeira e Noia e está pendente e Rianxo que xa tiña deseñada a súa propia estratexia comercial cando inicialmente se decidiu que non habería campaña conxunta.

    O importe da subvención autonómica non se coñecerá ata o día 19. Tan só se sabe que non poderá superar os 41 mil euros. Aínda que se trata dunha aposta arriscada que require de gran esforzo, a directiva da Federación decidiu emprender a campaña para darlle un pulo ó comercio das pequenas vilas que esta ano non recibiron ningunha subvención.

    Redacción Barbanza