O executivo pobrés levará a pleno a segunda fase da circunvalación

    circunvalacionpobra.jpgPOBRA> A actuación, que será sufragada na súa totalidade pola consellería de Medio Ambiente, terá un custe de máis de 337 mil euros.

    {flowplayer}barbanza/circunvalacionpobra.flv{/flowplayer}

    O proxecto de circunvalación da Pobra do Caramiñal, recollido xa no actual PXOM, vai cobrando forma. A primeira fase da actuación, entre río Morto e Pontenaveira, xa está a piques de rematarse, e o executivo local decidiu iniciar a tramitación para desenvolver xa a segunda que unirá este último núcleo coa Baiuca. Trátase dunha actuación necesaria que posibilitará unha maior fluidez do tráfico rodado, así como un mellor acceso para os veciños de Pontenaveira, a Figueira e Sobral.

    A actuación, cun custe de 337 mil euros, será financiada pola consellería de Medio Ambiente. Dende o concello quixeron agradecer a boa vontade dos veciños á hora de ceder parte das súas propiedades para que a obra puidera ir adiante. Segundo os cálculos do concello os traballos desta segunda fase da circunvalación poderían iniciarse xa en marzo, unha vez realizados tódolos trámites administrativos necesarios para poder executala.

    Redacción Barbanza