RIANXO> Deporte e solidariedade volverán a ir da man en Rianxo coa segunda edición da andaina solidaria en favor de Asanog, a asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia.
Na proba está prevista a participación de máis de setecentas persoas. A saída está fixada para as dez e media da mañá dende a praza Castelao.
Haberá dous percorridos, un de catro quilómetros, de nivel baixo, e outro de dez, para aqueles participantes máis preparados.
Dende o Concello fan unha chamada a participar nesta proba cun marcado carácter solidario.
Como xa acontecera na primeira edición, o padriño da proba será o deportista paraolímpico local, Adrián Mosquera.
Dende a organización da cita agardan, ó menos, poder repetir o éxito da primeira edición.
O número de participantes xa o superaron, ó esgotarse tódalas prazas dispoñibles. Falla agora saber a canto ascenderá finalmente o recadado.
O ano pasado entregáronse a Asanog máis de doce mil euros.