BOIRO> Na proba, organizada polo Club de Remo Cabo de Cruz e a Federación Galega de Remo, tomarán parte dezaseis clubs da nosa comunidade que competirán nas categorías senior maculina, senior feminino e xuvenil masculina.
Esta mañá presentábase no concello de Boiro unha nova edición do Campionato Galego de Traineriñas nas categorías senior masculina e feminina e xuvenil masculina. Na proba, que está organizada polo Club de Remo Cabo de Cruz e a Federación Galega de Remo, tomarán parte un total de dezaseis clubs de toda Galicia. O sábado a partir das cinco e media serán as eliminatorias, e o domingo, ás once e media, disputaranse as finais.
Dende o Club organizador destacouse o alto nivel competitivo de todas as embarcacións participantes, do que sairán os equipos que representarán a Galicia nos próximos Campionatos de España.
Dende o Concello, que colabora tamén na organización deste Campionato, púxose ó CR Cabo de Cruz coma exemplo, unha entidade con corenta anos de historia que está na élite do remo a nivel nacional.
O rexedor boirense refeiuse tamén a consecución das tan ansiadas novas instalacións para o Club, un proxecto polo que levaban tempo agardando e que en breve será xa unha realidade.
Comments are closed.