RIBEIRA>Valentín González Formoso ratificou o compromiso da Deputación da Coruña de redactar o proxecto e dotar de partida orzamentaria á conexión entre o futuro polígono industrial e a autovía do Barbanza mediante a ampliación da estrada provincial DP-7310.
Aínda que xa se iniciaron os trámites para poder acometelo no próximo exercicio dependerá do desenvolvemento do propio polígono.
A busca de financiamento para asumir un proxecto de tal envergadura é unha das prioridades do executivo ribeirense que apela ó compromiso da Xunta para facer posible a creación de solo empresarial en Ribeira tras máis de 3 décadas.
Nesa mesma liña dende o concello xa mantiveron unha xuntanza coa sociedade estatal ‘Suelo Empresarial del Atlántico que realizará un estudo técnico de viabilidade para definir as posibilidades de colaboración económica co novo polígono.










