O cotillón resiste aínda que baixan as reservas para cear fóra en Fin de Ano

    ceafindeanocascada1.jpgRIBEIRA> Aínda que a crise se traduciu nun descenso nas reservas aínda son moitos os que optan por cear fóra en Noitevella.

    {flowplayer}barbanza/ceafindeanocascada.flv{/flowplayer}

    Se a Noiteboa é a data por excelencia para cear na casa, a Noitevella convida a saír. Por esta razón, varios restaurantes da zona ofrecen menús especiais para a última noite do ano. É o caso da Cascada que ademais da cea ten preparado un baile con actuación musical en directo, barra libre e mesmo chocolate con churros para aqueles con máis aguante.

    Este ano notouse un descenso xeralizado no sector. Na Cascada non completaron o aforo. O número de reservas para cear supera os cincuenta aínda que si se deixou sentir un incremento nas reservas para o cotillón.

    Son especialmente xente nova que opta por cear na casa e despois desfrutar do baile cos amigos nun local co prezo pechado, para dar a benvida ó novo ano sen grandes sobresaltos.

    Redacción Barbanza