RIANXO> O Sergas está a realizar un cribado poboacional entre os rianxeiros. Preto de tres mil persoas, de entre 55 e 75 anos, están chamadas as realizar as PCR no hospital do Barbanza entre hoxe e mañá.
A entrada de Rianxo no nivel máximo de restricións veu seguida dun cribado poboacional que ó longo deste mércores e durante a xornada do xoves desenvolverase no Hospital do barbanza. Preto de tres mil persoas realizarán as correspondentes probas para detectar posibles asintomáticos e recuperar o control sobre a cadea de contaxios.
Unha vez se coñezan os resultados destas PCR; prevese que suba a incidencia acumulada no concello que supera xa os 300 casos por cen mil habitantes.
Aínda así, dende o concello consideran positivo que se intensifiquen os controis e que se detecten os principais focos de contaxio para conseguir reducir a incidencia.