A osquestra París de Noia actuará na Festa da Xuventude de Ribeira

RIBEIRA> A París de Noia actuará na festa da Xuventude de Ribeira o próximo trece de abril. O concello decidiu reforzar esta celebración para compensar a supresión do martes de entroido como festivo local, que pode supoñer perdas económicas para a hostalería.

Trala senda de colaboración iniciada entre o concello e a hostalería para dinamizar o entroido a raíz da designación dos festivos locais, o executivo segue a reforzar outros eventos que repercutirán positivamente no sector. Un deles é a Festa da Xuventude que se celebrará o trece de abril e contará coa actuación da París de Noia.

Outra orquestra de referencia, a Panorama, actuará na véspera da festividade de San Uxía que se celebra o doce de setembro co obxectivo de achegar máis visitantes.

Ademais deste eventos, dende o concellos seguirán a colaborar coa hostalería na organización doutros iniciativas como as rutas de tapas e os vermús musicais.

Comments are closed.