Rías Baixas aumenta nun 33% as súas exportacións malia a crise

    riasbaixas copia.jpg PONTEVEDRA> Máis de catro millóns de litros de viño vendidos e unha cifra de negocio de 21,5 millóns de euros confirman as boas vendas no exterior.

    {flowplayer}images/salnes/EXPORTACIONS_RIAS_BAIXAS_2011.flv{/flowplayer}

    Os Rías Baixas manteñen o tipo e un ano máis conseguen aumentar as súas cifras de venda no exterior. En concreto un 33,64 por cento nesta campaña 2010-2011. As adegas da Denominación que comercializan no exterior conseguiron poñer en circulación preto de cinco millóns e medio de viño en 54 países, cun valor total de máis de 21 millóns e medio de euros. De novo Estados Unidos figura como o principal mercado exterior da Denominación. Aquí comercialízanse máis da metade dos viños exportados. Segundo destacou o presidente do Consello Regulador José Ramón Meiriño, gran parte deste éxito débese ás campañas de promoción que se veñen realizando desde hai nove anos no país.

    Ó estadounidense séguelle o mercado de Reino Unido, onde os Rías Baixas incrementaron en máis dun 21 por cento as vendas con respecto ó anterior exercicio. O xerente do Consello Regulador, Ramón Huidobro, destacou tamén o bo funcionamento destes viños nos países do Benelux, que xuntos, dixo, suman o peso suficiente pata converterse no terceiro destino das exportacións.

    Xapón e o mercado asiático apoian esta tendencia alcista, sumando un 42 por cento máis de vendas que na camapña exterior. O obxectivo para o próximo anos: Brasil.

    Redacción Salnés