Ruíz apela á responsabilidade dos grupos nun novo intento por aprobar os orzamentos

RIBEIRA> O executivo ribeirense volverá levar a pleno este martes os orzamentos de 2023. O alcalde apela á responsabilidade dos grupos para sacar adiante uns presupostos actualizados que permitan asumir as necesidades reais do concello como o incremento do gasto de persoal e do servizo de axuda no fogar.

A principios desta semana, o alcalde de Ribeira presentaba ó resto dos grupos da corporación os orzamentos que volverá levar a pleno o próximo martes. Manuel Ruíz tentará aprobar unha proposta actualizada das contas que foron rexeitadas hai seis meses apelando á responsabilidade dos grupos para evitar que o novo goberno resultante das urnas se vexa obrigado a traballar cun presuposto prorrogado que non permitirá facer fronte ás necesidades reais do concello.

De facilitar a súa aprobación, o grupo popular comprométese a facer o mesmo no caso de que un goberno alternativo opte por modificar os presupostos tralo 28 de maio.

O orzamento propostos polo grupo de goberno supera os 32 millóns de euros e recolle a importante suba nalgunhas partidas como o gasto de persoal derivado do incremento salarial e a aprobación da RPT.

Se o pleno volve novamente rexeitar os orzamentos, Ruíz advirte de que habería que botar man do remanente de tesourería e de créditos extraordinarios para garantir servizos tan necesarios como a escola infantil, o mantemento anual do concello ou o servizo de atención a domicilio entre outros.Inserto

Haberá que agardar ó martes para ver que postura adoptan o resto dos membros da corporación. Algúns como o BNG xa anunciaron que presentarán unha emenda á totalidade solicitando a devolución do proxecto orzamentario para elaborar unhas novas contas que dean voz tanto á oposición como ás asociacións e colectivos do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí