A POBRA> Os alumnos de primaria dos centros escolares da Pobra participaron hoxe nun acto contra a violencia machista. Esta e outras actividades desenvolvidas ó longo da semana en colaboración coa comunidade educativa serviron como antesala ós actos institucionais polo 25N que se desenvolverán o sábado.
Os contidos que os alumnos de primaria da Pobra levan traballando nas aulas durante todo o mes saíron esta mañá á rúa cun acto simbólico no que as mensaxes cobraron especial importancia.
Dende o concello da Pobra traballaron tamén contidos relacionados coa violencia machista cos nenos de infantil a través dun contacontos itinerantes e cos estudantes de secundaria que ademais de diversos obradoiros asistiron á representación da obra de teatro ‘Golpes’.
Os actos institucionais terán lugar mañá a mediodía no Cantón da Leña coa lectura dun manifesto e un minuto de silencio en memoria das vítimas.