Un instituto con moita química

    quimica_asorey100.jpgCAMBADOS> O instituto Francisco Asorey de Cambados clausurou hoxe a súa semana da ciencia, que nesta ocasión dedicou á Química.

    {flowplayer}images/salnes/quimica_no_asorey.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> O instituto Francisco Asorey de Cambados clausurou hoxe a súa semana da ciencia, que nesta ocasión dedicou á Química, por ser 2011 Ano Internacional desta materia.

    Como colofón fixeron unha simulación volcánica e outro experimento con auga osixenada. Nos últimos días, os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e de Física e Química quixeron amosar ós alumnos as diferentes posibilidades da química. Fixeron exposicións, baseadas nos elementos da táboa periódica coas que comprobaron por eles mesmos que a química se pode atopar en calquera lugar.

    Os rapaces tamén participaron en obradoiros nos que aprenderon a extraer o ADN de productos cotiás, como chícharos, lava vaixelas, ou zume piña.

    Redacción Salnés