Un turismo a 190 km/h provoca un accidente múltiple con tres feridos

    accidentedomingo copia100.jpgILLA> O turismo saíuse da vía e colisionou con outros cinco vehículos que estaban estacionados. Os tres feridos son veciños da Illa de Arousa.

    {flowplayer}images/salnes/AccidenteDomingo.flv{/flowplayer}

    Pouco antes das oito da tarde, un Peugeot 206 conducido por José Ignacio Otero Blanco, veciño da Illa de 36 anos, saíuse da vía cando circulaba pola PO 530, en Vilanova de Arousa, á altura da rotonda de Tarrío.

    No vehículo viaxaban 3 homes, todos eles veciños da Illa que foron trasladados ó Hospital do Salnés. O condutor presentaban dor torácica e un corte na cabeza. Os outros dous ocupantes tiñan cortes na cara e nas mans.

    Ata o lugar desprazouse o 061, Garda Civil de Cambados, Policía Nacional de Vilagarcía, Protección Civil de Vilanova, Garda Civil de Tráfico e Atestados.

    O amplo dispositivo policial debíase a que o vehículo podería terse dado a fuga poucos minutos antes dun atropelo en Vilaxoán. Ademáis, segundo informaban algunhas fontes, os axentes buscaron pola zona unha arma da que presuntamente poderían terse desprendido os ocupantes do coche accidentado. Con todo a busca pechouse sen resultados.

    Tralo accidente a vía permaneceu pechada durante máis de dúas horas, nas que Protección Civil empregou 40 litros de disolvente e 2.000 litros de auga para limpar a estrada dos restos da colisión.

    Redacción Salnés