Torrado, un xardín para o lecer e o deporte

    parquetorradoinauguracion100_140507.jpgCAMBADOS > O presidente da Deputación de Pontevedra e mailo alcalde inauguraron os parques instalados nos xardíns de Torrado …

    … Pallasos, globoflexia, zancudos e un paracaídas deron cor a unha tarde nubrada pero moi concorrida.

    parquetorradoinauguracion200_140507.jpgPequenos e maiores teñen un espazo de lecer compartido nos xardíns do Pazo de Torrado, en Cambados. As instalacións foron inauguradas onte á tarde polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e polo alcalde José Manuel Cores Tourís. Ambas institucións investiron neste proxecto cen mil euros, que serviron para construír unha gran praza pública, con bancos, e para abrir unha rúa que comunica a avenida de Madrid con Príncipe.

    O recinto está pensado para persoas de tódalas idades, con dúas áreas de xogo, unha para pequenos de ata cinco anos, e outra para nenos ata catorce anos, pero tamén un espazo deportivo no que poden facer ximnasia tódolos veciños. Dispón de sete aparatos diferentes, pensados para exercicios de mantemento e rehabilitación e mesmo para evitar lesións. O proxecto complétase cunha área para a práctica deportiva no entorno da praza e Abastos, destinada a rapaces de 8 a 16 anos, que permite a práctica de fútbol, baloncesto, tenis e voleibol.

    Redacción Salnés