O Sanxenxo busca dar a sorpresa no complicado campo do Roxo

SALNÉS> Ós de Calucho queren traerse algo positivo do campo dun Cerceda que non pasa polo seu mellor momento. O Vilalonga recibirá en San Pedro o As Pontes.

Comeza a recta final da primeira volta e ó Vilalonga quédalle por enfontarse a rivais dos da súa liga, conxuntos propicios para sumar. Este domingo os celestes mídense o As Pontes, que das cinco veces que visitou San Pedro, venceu en catro, todas agás o pasado ano. Iso sí os de José Luís Lemos chegan tras perder tres encontros de xeito consecutivo e coas importantes de Bossa e Angeriz. O que sí estará será o pichichi da categoría, Hugo Soto. O de Vilaxoán contabiliza xa oito goles.

No Vilalonga están cada vez máis contentos co nivel de xogo do equipo, sen embargo saben que o seu debe está agora na falta de puntería de cara ó gol.

Oito puntos nos últimos seis partidos. Ese é o balance dun Cerceda que non pasa polo seu mellor momento pero que é sen dúbida favorito á victoria ante o Sanxenxo. Nando conta cun plantel amplo e de calidade, coma ven sendo habitual nos últimos anos. Sen embargo agora camiñan quintos na xeral, máis abaixo do que acostuman.

O Sanxenxo non debe mirar a quen se enfronta e sí á clasificación. Se ben queda moito por diante e arestora tan só lle separan catro puntos da permanencia, os de Calucho deberían comezar a sumar xa de tres en tres. Tan só unha victoria en catorce partidos é un pobre balance. Os números din que teñen que mellorar dende a defensa, ata o de agora a máis goleada do campionato.

Redacción Salnés