MORAÑA > O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, inaugura o sábado o novo campo de festas de Soar, na parroquia morañesa de San Lourenzo. Coa colaboración do organismo provincial e do grupo municipal do PP, a Comunidade de Montes conseguiu 72.000 euros para mellorar este espacio e dotar á parroquia dun parque infantil.
Os veciños de Soar, na parroquia de San Lourenzo, en Moraña, estrean este sábado o novo campo de festas. A nova directiva da Comunidade de Montes en colaboración co grupo municipal do PP xestionaron esta actuación ante a Deputación de Pontevedra. Cun presuposto de 72 mil euros, os veciños conseguiron ampliar considerablemente o campo de festas e mesmo reservar un espacio para un parque infantil.
Para celebralo o sábado organizaron toda unha xornada de festa. Pola mañá unhas charangas percorrerán a parroquia. Ás dúas e media da tarde o presidente da Deputación, Rafael Louzán, inaugurará o campo de festas e asistirá á comida de confraternidade. Pola noite haberá verbena a cargo das orquestras Os Españois e Trévol de Ferrol.
Redacción Salnés