A marea azul cobre os 62 concellos de Pontevedra

    DEPUTADOSPPPONTE copia.jpg PONTEVEDRA> Os populares arrebataron ó PSOE un escano nesta provincia quedando con catro fronte ós dous dos socialistas e un do BNG.

    {flowplayer}images/salnes/DEPUTADOS_PONTEVEDRA_211111.flv{/flowplayer}

    A terra do presidente electo do goberno non escapou á marea azul que tinguiu case todo o mapa español convertendo ó Partido Popular na forza más votada nos 62 concellos da provincia, algo nunca acadado antes. Salientan as folgadas maiorías obtidas nas principais cidades, caso de Vigo, Pontevedra ou Vilagarcía. Pero tamén en municipios menores como Cambados, onde o PP dobrou en votos ó PSOE, ó igual que en Meaño, Poio, Tui ou Sanxenxo.

    Cun total de 279.995 votos, case a metade de tódolos sufraxios emitidos na provincia, os populares logran arrebatar un deputado ós socialistas, co que a representación pontevedresa na Cámara Baixa queda en mans de Ana Pastor, Irene Garrido, Paz Lago e Telmo Martín.

    Os grandes derrotados na provincia foron os socialistas. Os 154.418 votos permitíronlles acadar dous escanos, os de Carmela Silva e Guillermo Meijón. Quedou fora o alcalde da Illa, Manuel Vázquez, por certo un dos poucos municipios da provincia onde os resultados estiveron máis axustados: o PP gañou por apenas seis votos de diferenza co PSOE.

    O Bloque Nacionalista Galego consegue manter a Olaia Fernández Davila como deputada por Pontevedra a pesar de perder algo máis de catro mil votos con respectos ás pasadas xerais do 2008.

    Redacción Salnés