Emotiva homenaxe a Plácido Betanzos en Palmeira

RIBEIRA> Onte domingo procedíase á inauguración do paseo marítimo que levará o nome de Plácido Betanzos, na honra do político e escritor, falecido hai agora un ano.

Á beira do mar, na súa Palmeira natal, Plácido Betanzos, xa dá nome ó paseo marítimo desta parroquia, que o lembrará xa para sempre. A homenaxe, na que tomou parte un gran número de persoas, coincidía co primeiro aniversario do seu falecemento. non faltou ninguén: familiares, amigos, compañeiros e tamén alumnos… foi precisamente unha alumna súa a encargada de abrir as lecturas de varios estratos dos seus libros. A ela seguíronlle Xesús Laíño e Antonio Piñeiro, amigos e compañeiros do finado.

Tamén falou a súa filla, Sofía, que agradeceu a todos os que dalgún xeito contribuiron a facer posible esta homenaxe, en especial á Comisión creada para tal fin.

Durante o acto tamén se expuxo unha recreación da escultura que, na súa homenaxe, presidirá o paseo, da que é autora a artista Soledad Peralta.