PORTO DO SON> A Xunta de Galicia destinará a esta actuación un investimento de máis de 1’7 millóns de euros.
A Xunta de Galicia informou esta mañá de que un total de trece empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras de construción da nova EDAR de Queiruga, cun investimento de máis de 1’7 millóns de euros.
A intención do Goberno Galego pasa por adxudicar nas vindeiras semanas esta actuación, que conta cun prazo de execución de aproximadamente un ano.
A nova planta depuradora, que dará servizo a unha poboación estimada duns 1.500 veciños, estará emprazada no lugar da Ponte.
As obras prevén a instalación dunha nova rede de colectores e a instalación de tres estacións de bombeo e dous impulsores.