Un incendio calcina 50 coches nun taller de Lousame

    LOUSAME> Máis de 50 vehículos resultaron calcinados tralo incendio declarado esta fin de semana nun taller de despezamento de Lousame. Debido ás lapas houbo que cortar a electricidade na zona, pero por sorte non houbo que lamentar danos persoais. Todo apunta a que o lume foi provocado.   

     

     Máis de 50 coches totalmente calcinados. É a imaxe de desolación que esta mañá presentaba Desguaces Ferreiro, en Lousame. Un voraz incendio arrasou  esta fin de semana cos vehículos que permanecían na explanada exterior deste establecemento. José Manuel, traballador do taller, foi o primeiro en chegar ó lugar.  Grazas á súa rapidez actuando evitou que o lume se expandira ó resto de vehículo, o que sería un auténtico desastre. A alerta do lume recibiuse pasadas as dez da noite do sábado e as tarefas de extinción prolongáronse ata as dúas da madrugada, O suceso tivo lugar  neste taller de despezamento de Sedofeito, na parroquia lousamiá de Toxos Outos. A Garda Civil investiga  se incidente foi provocado. Na zona do lume non hai corrente eléctrica e os coches non tiñan combustible nin batería, o que fai pensar nun lume intencionado. O luma afectou ó tendido eléctrico, o que complicou a extinción e provocou o corte no suministro da zona. Ó lugar do incendio acudiron o Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión, e os bombeiros de Boiro e Ribeira.  Hoxe, aínda non se podría traballar no taller. Hoxe tocaba recoller, facer balance das perdas, agradecer que o traxedia non causase danos persoais e esperar a que a investigación aclare os motivos do lume.