‘Desde o principio xa se sospeitaba cal podía ser o estado da casa’

    sobrino_juliocopy.jpgVILAGARCÍA> Estas eran as palabras do sobriño de Julio González cuxa familia denunciou fai días as condicións nas que viviu durante anos.

    {flowplayer}images/salnes/ENTREVISTA_TEMA_JULIO.flv{/flowplayer}

    Este sábado tivemos a ocasión de falar cun sobriño de Julio González cuxa familia denunciou a semana pasada as condicións nas que, ó parecer, estivera vivindo durante case cinco anos. El relatounos como viviu esta situación durante todo este tempo e confesounos que desde un principio sospeitaban o que finalmente descubriron fai uns días.

    Foi exactamente en xaneiro do 2007 cando Julio González se trasladou a vivir a esta casa pertencente ós seus pais, só uns meses despois de que, por mor dunha enfermidade, lle declararan a incapacidade total. Pouco tempo antes, celebrábase o xuízo contra a súa parella sentimental pola custodia de Julio xa que, xa naquel momento, a súa familia sospeitaba nas condicións que poderían estar vivindo.

    Segundo nos relatou Iván, a parella sentimental de Julio, mesmo antes de trasladarse á súa nova residencia, chegou a ter problemas con varios veciños da zona.

    En canto á filla de Julio, esta tamén estivo vivindo nesta casa ata marzo-abril deste ano. Segundo a familia era coñecedora de todo o que aquí acontecía. Aínda así, Iván confesounos que a súa nai xa recibiu unha chamada dela para preguntarlle que pasaba co seu pai.

    Deixando de lado estas cuestións, a familia reiterounos que o único que desexan é que Julio non estea máis nestas condicións.

    Redacción Salnés