O PP de Sanxenxo pide a xestión do proxecto do Parque Empresarial de Nantes

    SANXENXO> O Partido Popular de Sanxenxo co exalcalde, Telmo Martín, á cabeza pedía esta mañá ao cuatripartito a delegación do proxecto no Polígono de Nantes en mans do seu partido. O PP afirma que varias empresas xa se comunicaron con eles para instalar as súas sedes alí.

     

    Segundo Telmo Martín  non se pode perder un minuto na posta en marcha do Parque Empresarial, que conta con máis de 200 parcelas dispoñibles de 1.200 metros cadrados cada unha. Asegura que estes case catro meses de coalición foron meses perdidos porque non se avanzou nada nos traballos. 

    En palabras do voceiro dos populares, o PP quere facer unha oposición na que colabore activamente co grupo de goberno. Afirma que Sanxenxo non pode vivir dos meses de verán e que este proxecto podería xerar moita riqueza na zona.

    Se lle deixan, o Partido Popular asegura que antes de rematar o ano será quen de arranxar os problemas de saneamento e subministro eléctrico do polígono de Nantes e de comezar a traer empresas interesadas á zona.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/02/telmo_poligono_nantes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/02/telmo_poligono_nantes.mp4{/flowplayer}