Galiciademoda reúne en Martín Códax á elite do sector en Galicia

    GALICIADEMODA100 copia.jpg CAMBADOS> A adega acolleu a presentación do novo número da revista cun acto no que se combinou un desfile de moda coa cata dos viños de Alma Atlántica.

    {flowplayer}images/salnes/GALICIADEMODA_MARTIN_CODAX.flv{/flowplayer}

    Adegas Martín Códax volve aliarse co mundo da moda, nesta ocasión para acoller a presentación do último número da revista Galiciademoda. O acto tivo lugar na terraza da adega. Aquí déronse cita destacados persoeiros da moda en Galicia, desde fotógrafos da talla de Kake e J.Criss, ata as modelos Noelia Castro e Laura Martínez, a bailarina Eva Faraldo e máis de trinta bloggers, entre elas unha das máis influíntes a nivel nacional como é Zaira Varela, autora do blog Cocomode.

    Non escapou ó acto a representación institucional. A directora xeral de Comercio Nava Castro e a Xerente do Centro Galego de Artesanía e Deseño, Elena Fabeiro, estiveron apoiando esta presentación, á vez que asistiron ó desfile de moda organizado para a ocasión. Na pasarela, as propostas de tres novos deseñadores galegos: os irmáns Pedro e Estefanía Orgaz, Covadonga Gutiérrez, e a cambadesa Mónica Guitián.

    Galiciademoda é a primeira revista de moda e actualidade galega que saíu ó mercado. Ten unha periodicidade semestral, e este novo número, o sétimo, correspondente á tempada primavera-verán poderá adquirise en librarías e quioscos de Galicia e Madrid a partir do vindeiro martes.

    Redacción Salnés