Pechada a Operación Ipanema cun último detido en Cambados

    ipanema100_120208.jpgCAMBADOS > A Garda Civil de Pontevedra detivo onte á mañá en Cambados a Ramón G.A, veciño da Estrada, …

    ipanema200_120208.jpgCAMBADOS > A Garda Civil de Pontevedra detivo onte á mañá en Cambados a Ramón G.A, veciño da Estrada, como suposto membro da rede internacional dedicada á introducción de grandes cantidades de haxís desde Marrocos a Galicia. Con esta detención, dase por concluída a fase de explotación da denominada ‘Operación Ipanema’, cun balance total de 17 detidos (quince en territorio español e dous en Portugal). A todos eles impútaselles un presunto delicto contra a saúde pública, polo que deberán responder ante o Xulgado Número 3 de Cambados, encargado do caso.

    A investigación iniciouse no mes de maio do ano pasado. Desde entón abortouse ademais a entrada nos distintos mercados ilícitos de venda de estupefacientes de 7.900 quilos de haxís e de polen de haxís. O primeiro operativo realizouse en setembro de 2007 cando o helicóptero do Servizo Aéreo da Garda Civil, con base en Valencia, sorprendeu a unhas vinte millas da costa alacantina, fronte a Benidorm, unha lancha rápida de catro motores cargada cuns 2.000 quilos de haxís. Os catro ocupantes desta embarcacións, dous veciños do Grove J.O.M e J.C.P.P., e dous súbditos marroquís M.Z. e M.B. foron sorprendidos ‘in fraganti’ tirando a droga ó mar ó saberse detectados pola Garda Civil.

    A raíz desta actuación conseguiuse abortar a chegada a Pontevedra, por estrada, de doutros 311 quilos de haxís, ó interceptarse á altura de Puxeiros o vehículo que transportaba a droga e un segundo coche que actuaba como lanzadeira. Aquí detivéronse a oito persoas máis, dúas de Granada, dúas de Vilanova de Arousa, outro do Grove e tres de Barcelona, Badajoz e Marrocos. A terceira fase da operación desenvolveuse o pasado venres, cunha actuación conxunta con Portugal, que posibilitou a incautación de 5.600 quilos de haxís e po de haxís, cun balance doutros cinco detidos, dous en Portugal e tres en Galicia.

    Redacción Salnés