Os populares da Illa elixen como presidente a Juan José González

    juanjosegonzalez_100_201006.jpgA ILLA DE AROUSA > O PP da Illa consensuou unha única candidatura para o seu congreso local.

    A nova directiva estará encabezada polo actual voceiro municipal, Juan José González, quen amosou a súa satisfacción polos apoios acadados e pola consolidación da directiva tras varias xestoras.

    Non se celebraba congreso local do PP dende o ano 97 xa que nos últimos anos foron varias xestoras as que dirixiron o partido, polo este consenso é especialmente importante. E o feito de que se chegue a el en total sintonía, dixo González, dá boa mostra da unión e da boa saúde do Partido Popular.

    Pereza política

    Na presentación do congreso estivo tamén o secretario de organización do PP de Pontevedra, José Juan Durán, quen asegurou que este congreso da o pistoletazo de saída ás eleccións municipais que os populares esperan gañar baseándose nesta renovación, na forza e organización do PP local e tamén na suposta ‘pereza política’ do actual alcalde.

    Segundo Durán, a etapa socialista na Illa está totalmente esgotada e o PP é a única alternativa para un concello completamente abandoado e para un goberno sen ideas. Para iso traballará a partires de agora o novo presidente e a súa xunta directiva.

    Redacción Salnés