A Coruña tamén é ‘popular’

    valoraionsdeputadoscorunha.jpgBARBANZA> O PP faise con cinco deputados na Coruña, ó arrebatarlle un ó PSOE, que se queda con dous. O BNG mantén o que xa tiña nos anteriores comicios de 2008.

    {flowplayer}barbanza/valoracionsdeputadoscorunha.flv{/flowplayer}

    O Partido Popular na provincia da Coruña conseguiu tamén resultados históricos, sendo a forza máis votada en tódolos concellos a excepción das Pontes de García Rodríguez. Cinco serán os deputados nesta provincia Antonio Erias, Marta González, Arsenio Fernández de Mesa, Tristana Moraleja e Juan de Dios Ruano. Poucos votos faltaron para acadar o sexto escano que ocuparía o noiés Antonio Pérez Insua, quen fuxe de personalismos á hora de valorar os resultados como o gran triunfo non das persoas que integran as listas senón do partido tanto a nivel provincial como autonómico e estatal. Agora, trala euforia electoral, o que toca di é gobernar con responsabilidade para sacar a España da difícil situación que atravesa.

    Polo que respecta ó PSOE, a perda de votos déixao con tan só dous deputados na provincial fronte ós tres que ostentaba na pasada lexislatura. Serán Francisco Caamaño e Miguel Cortizo os candidatos da lista coruñesa que ocupen un posto na cámara baixa.

    En canto ó BNG, malia a perda de votantes mantén o escano que seguirá a ocupar Francisco Jorquera. Os nacionalistas non puideron materializar a consecución do segundo deputado pola Coruña ó que aspiraban. Aínda así, a número dous da candidatura, Rosana Pérez, valorou de xeito positivo o resultado dos nacionalistas que conseguen manter os seus dous representantes no Congreso.

    Redacción Barbanza