![]()
VILAGARCÍA> Ademais de adquirir o 100% das accións, ambas partes chegaron a un acordo laboral polo que se manterán os 45 postos de traballo.
{flowplayer}images/salnes/RESOLUCION_CONFLITO_ANKAR.flv{/flowplayer}
A entrada dun novo grupo inversor permitirá á firma Ankar non pechalas portas dos seus establecementos en Vilagarcía, Cambados e Vigo. Así será xa que onte pola noite os propietarios actuais e novos accionistas chegaron a un acordo de compra, segundo nos explicaron desde a CIG. Este entendemento permitirá, ademais, mantelos 45 postos de traballo.
Os novos inversores farán unha ampliación de capital e quedaranse co cen por cen das accións da firma Ankar. Este acordo, ademais de evitalo peche da totalidade dos establecementos de repostería de recoñecido prestixio na comarca, permitirá mantelos 45 postos de traballo.
Ademais de mantelos postos de traballo, desde a CIG explicáronnos que os novos inversores teñen un plan de futuro onde mesmo contemplan abrir novas tendas noutros concellos da comarca.
Segundo a central sindical, a mala xestión e a falta dunha dirección foi o que propiciou esta situación trala xubilación do empresario fundador de Ankar.
Redacción Salnés









