Vilagarcía pide á Secretaría Xeral para o Deporte colaboración para renovar o campo de fútbol da Lomba

VILAGARCIA> Vilagarcía pide colaboración á xunta para realizar unha reforma integral no campo de fútbol da Lomba. A renovación de todo o terreo de xogo tería un custo de arredor de 600 mil euros e o concello quere que a secretaría xeral para o deporte aporte entre o 50 e o 70% do custo. A reforma é necesaria para evitar que o campo estea impracticable durante a época de choivas.

O campo de fútbol da Lomba non se renova dende hai 20 anos. Cada tempada, durante a época de choivas, é necesario que os servizos municipais do concello traballen ao máximo para garantir que o Arosa poida disputar o seus partidos con normalidade. Para evitar estes problemas, o concello pide colaboración á secretaría xera para o deporte para realizar unha reforma integral.

A reforma tería un custo de arredor de 600 mil euros. Dende o concello queren que a secretaría aporte entre o 50 e o 70 por cento do proxecto.

Dende o Arosa agradecen a proposta, xa que durante a época de choivas o equipo moitas veces ten que adestrar noutros campos para garantir que a Lomba estea en perfectas condicións durante a fin de semana.

Nestes momentos, o terreo de xogo da Lomba loce un gran a aspecto. O campo está en perfectas condicións para o importante partido que ten o Arosa esta fin de semana, co liderado en xogo.