58 estudantes de Vilagarcía expoñen as súas obras artística coa exposición Saudarte

VILAGARCÍA> Vilagarcía estrea unha nova exposición de Saudarte. A mostra, organizada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, presenta 60 obras creadas por estudantes da ESO e bacharelato dos seis centros vilagarciáns. Con esta campaña, a fundación quere promocionar a arte como ocio saudable fronte a problemática da droga.

A fundación galega contra o narcotráfico organiza dende o 2009 a exposición Saudarte. Unha mostra na que o alumnado da ESO e bacharelato de diferentes centros expoñen as súas obras artísticas. Con esta iniciativa a fundación busca promocionar a arte como ocio saudable fronte a problemáticas como a droga.

Esta é a vixésimo primeira edición de Saudarte e de novo celébrase en Vilagarcía. Nela participan 58 alumnos dos catros institutos da vila máis os colexios San Francisco e Sagrada Familia. Dende o concello destacan a calidade das obras e participación do alumnado.

Ademais de promover a realización de actividades artísticas, Saudarte tamén busca fomentar a creatividade e a cultura. As alumnas participantes valoraron de forma moi positiva a súa experiencia.

Tamén mostraron a súa satisfacción e ilusión por poder mostrar as súas creacións nunha exposición.

Tras esta experiencia, algunha alumna non descarta continuar dedicándose a arte.

A exposición componse de 60 obras e estará aberta ao público no auditorio municipal ata o vindeiro 10 de xaneiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí