Pérez Insua podería optar a un escano no Congreso

perezinsua100.jpgNOIA> O voceiro municipal do PP de Noia, Antonio Pérez Insua, non volverá a presentarse como cabeza de lista ás eleccións municipais.

{flowplayer}barbanza/perezinsua.flv{/flowplayer}

Nin sequera os bos resultados acadados polo PP nas eleccións xerais farán cambiar a postura de Pérez Insua que xa anunciara que a candidatura á alcaldía que encabezou nas pasadas municipais sería a última.

Aínda así, a prioridade para o ex rexedor segue a ser o interese xeral de Noia que defenderá alí onde decida o partido posto que a súa intención non é abandonar a primeira liña política.

Cabe lembrar que ocupaba o sexto posto ó congreso pola Coruña, que non acadou por poucos votos, polo que no caso de correr as listas pasaría a ocupar un escano no Congreso.

Con respecto á designación do futuro candidato, Pérez Insua insiste en que debe ser a executiva local a encargada de nomealo. Misión que di non será difícil posto que o partido conta con xente moi preparada para asumir este reto.

Redacción Barbanza