Cine euroárabe en Rianxo da man do ‘Amal en ruta’

RIANXO> Presentouse en Rianxo o ciclo de cine euroárabe ‘Amal en ruta’. Catro días nos que se proxectarán películas e documentais que xiran sobre a realidade que se está a vivir nos países de Oriente Medio.

Nas vindeiras semanas, Rianxo será o escenario perfecto para dar a coñecer a realidade que están a vivir nos países árabes. Chega a vila o vindeiro 25 de setembro ‘Amal en ruta’, un ciclo de cine euroárabe que se alongará durante catro días.

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas comezou fai 35 anos, pero o seu obxectivo segue a ser o mesmo.

Non é a primeira vez que Rianxo serve de altofalante para darlle voz o pobo de Palestina. Nesta ocasión tamén quixeron formar parte do festival, para romper con tódolos estereotipos.

Poderase desfrutar de catro películas e dous documentais que poñen de manifesto as similitudes entre diferentes pobos.

O ciclo de cine terá lugar no auditorio municipal de Rianxo. Comezará o vindeiro 25 de setembro e rematará o día 28. A entrada é de balde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí