Pontevedra> Con motivo da celebración do día Mundial da Diversidade Cultural, neste 21 de maio, o concello de Pontevedra acolleu a presentación pública dun proxecto que fala de diversidade social, Ao ritmo da alma. Unha cita onde se uniron varias entidades con sede en Pontevedra e que ten como fin potenciar a música como terapia. Un proxecto que se presentará de xeito oficial o vindeiro 22 de xuño no Teatro Principal.
Al ritmo da alma, este é o nome do proxecto que integran a Asociación se ánimo de lucro especializada no Trastorno de Déficit de Atención con ou sen Hiperactividade, a Asociación Española Conta o Cancro, a Asociación Amencer – Aspace e a asociación socio sanitaria de enfermidades inflamatorias intestinais e ostomizados.
Un Ritmo da Alma que nace co fin de potenciar a diversidade a día de hoxe a través dun videoclip moi especial que se presentará o 22 de xuño no Teatro Principal.
Unha cita que potencia a música como terapia
E as protagonistas deste videoclip explicaron así de ben o que sentiron con este proxecto que naceu hai 2 anos.
O 22 de xuño ás 20:30 o Teatro Principal acollerá a presentación oficial deste proxecto, unha cita que non deixará a ninguén indiferente e que contará con numerosas actuacións.