Un veciño de Nebra denuncia as dificultades de acceso á súa vivenda

denunciavecinonebra.jpgPORTO DO SON> Un veciño de Nebra denuncia o mal estado en que quedou a entrada á súa vivenda tralas obras acometidas na estrada do campo de fútbol.

{flowplayer}barbanza/denunciavecinonebra.flv{/flowplayer}

O asfaltado e instalación de servizos nesta estrada que conduce ó campo de fútbol de Nebra acometeuse hai xa preto de dúas décadas. Sen embargo, daquela a casa de Juan Queiro xa estaba alí e a execución da obra deixou a súa entrada por debaixo do nivel da vía. Juan denuncia os moitos problemas que lle causa esta situación polo frecuente anegamento da entrada que se engade á xa de por si escasa accesibilidade.

Ademais de proceder ó nivelado da súa entrada, Juan demanda tamén outras melloras para este núcleo. Concretamente pide que se asfalte unha das pistas de terra que conduce ó campo de fútbol, ó tempo que se limpa a maleza e a terra nun dos seus muros.

Alumeado

Considera ademais necesario a instalación de puntos de luz, tal e como teñen demandado un grupo de pais dos nenos que utilizan a instalación deportiva.

Ante as demandas do afectado, o concello interesouse pola situación e a edil de obras xa se desprazou varias veces ata o lugar en compañía dos técnicos municipais. Sen embargo, a solución non pasaría unicamente pola mellora do vial senón que require dunha reforma na propiedade do veciño, que non pode ser asumida con fondos públicos.

Con respecto ás melloras no acceso ó campo de fútbol, a tenente de alcalde explicou que hai varias actuacións previstas para a mellora do entorno pero de momento non poden ser acometidas pola falla de financiamento.

Redacción Barbanza