A oficina de emprego de Noia entrará en servizo no mes de xuño

oficinaempregonoia_100_150408.jpgNOIA > O secretario xeral de Traballo, José Vázquez Portomeñe, inspeccionou  as obras de acondicionamento da futura oficina de emprego.

{flowplayer}barbanza/oficinaempregonoia.flv{/flowplayer}

Vázquez Portomeñe estivo acompañado na súa visita polo alcalde noiés Rafael Guerrero e polo parlamentario socialista, José Manuel Lage Tuñas. Ambos dirixentes mostraron a súa satisfacción por ter acadado para o concello de Noia unha oficina de emprego, cumprindo, deste xeito, unha demanda histórica deste municipio.

Así pois, a partir do mes de xuño, os máis de sesenta mil habitantes residentes na comarca de Muros-Noia e no concello de Mazaricos xa non terán que desprazarse a comarca da Barbanza ou ata Santiago para realizar xestións relacionadas co emprego.

As obras para acondicionar a nova oficina, emprazada en San Lázaro nas antigas dependencias da Casa do Mar, comezaron no mes de febrero e contan cun orzamento previsto de preto de 50.000 euros.

Xuntanza de traballo

A visita de Vázquez Portomeñe a Noia pechouse cunha xuntanza de traballo na que se abordaron asuntos relacionados co fomento do emprego no municipio e as iniciativa locais e programas postos en marcha polo departamento autonómico dos que podría beneficiarse o concello noiés.

Redacción Barbanza