Desaloxada unha zapatería de Caldas por mor dun incendio

    incendio_comercio_caldas100.jpgCALDAS> Un bo susto se levaron esta mañá nunha zapatería por mor dun incendio. Foi no número 3 da rúa Xoán Fuentes Echevarría.

    {flowplayer}images/salnes/incendio_comercio_caldas.flv{/flowplayer}

    CALDAS> Un bo susto se levaron esta mañá nunha zapatería do casco urbano de Caldas por mor dun incendio.

    Foi no número 3 da rúa Xoán Fuentes Echevarría. Pouco antes das dez e media da mañá a dependenta do establecemento deu aviso dun incendio orixinado no almacén e ata alí acudiron efectivos da Subsede de Bombeiros de Vilagarcía, Protección Civil de Caldas e Policía Local.

    Ó parecer o lume iniciouse nun deshumidificador que tiñan funcionando no baixo da tenda, que utilizan como almacén, pero, afortunadamente non se achegou ás caixas de calzado.

    A acumulación de fume deixou practicamente inservible a meirande parte do calzado e demais enseres da tenda.

    Redacción Salnés