Meaño gozou cunha Festa do Viño que foi un éxito

MEAÑO> Meaño triunfa cosa súa nova festa do viño. O evento que tivo lugar ao longo da fin de semana acolleu a miles de persoas desexosas de gozar do viño e da festa de Meaño. Asistentes e adegueiros cualifican a celebración como un éxito.

O concello de Meaño modificou o formato da festa do viño de autor para convertela na Festa do Viño de Meaño e o cambio non puido ser máis exitoso. A nova celebración amplía a participación de adegas para abrir a festa a todos os produtores do municipio, poñendo así en valor a importancia do viño en Meaño.

Dende o concello cualificaron a celebración como un éxito e destacaron a gran cantidade de xente que se achegou a gozar das festas. Os propios visitantes corroboraron a súa ledicia.

Ademais do exitoso cambio de formato, a festa tamén recibiu o nacemento da primeira confraría de gastronomía de viños de Meaño que nomeou ao seus primeiros membros: Martín Rodríguez, promotor de Paco y Lola, Carlos Vietez, o alcalde da vila e á periodista Patricia Pardo. O nomeamento foi tralo pregón da periodista e o paseo dende o Pazo de Lis ata a Praza do concello.

Durante a festa realizáronse diferentes catas. A principal tivo lugar o domingo, unha cata a cegas que tivo como gañadores a Manuel Méndez e Susana Barros, segundos Adrián Gallego e Salvador Bando e terceiros Roberto Juncal e David Iglesia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí