O PSOE arremete con dúas mocións para o vindeiro pleno municipal

    VILAGARCIA> O PSOE de Vilagarcía presentará ó pleno do luns dúas mocións. Na primeira delas piden ó Alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole,…

    {flowplayer}images/salnes/psoe_sobre_pleno_vila_luns.flv{/flowplayer}

    … que siga o exemplo do seu homónimo de Meaño, e que presente un recurso de reposición contra a esaxerada reducción do Plan Concertado para a prestación de servicios sociais. Este recorte ascenderá ata o 80% nos servicio a dependentes a domicilio e a desaparición das axudas de mantemento deste servicio ou programas paralelos para os máis desfavorecidos. A maiores deste aumento no orzamento de Servicios Sociais, os socialistas tamén piden ó executivo local que defenda o servicio de comedor escolar da proposta 1/2011 da Consellería de educación que deixará ós pequenos das familias máis necesitadas de este servicio básico.

    Amais, a oposición amosará a súa oposición a que se modifique a actual Ponte de Vista Alegre para evitar asolagamentos, posto que entenden que Augas de Galicia non conta con ningún informe técnico que indique a necesidade desta actuación contra o patrimonio histórico urbán. E falando de patrimonio, os socialistas teñen duras verbas para o cambio de opinión do PP sobre a ventá arqueolóxica sobre os restos da antiga pasarela da rúa Arzobispo Andrade. 

     A parte, a equipa socialista sinala co dedo a inacción do goberno que no Pleno do vindeiro luns só presentará un único punta na orde do día, no que ademais, se contradí todo o dito no que vai de lexislatura, posto que acaban de atopar un remanente de máis de 600.000 euros dos orzamentos deste ano que destinarán a amortizar créditos; cando levan todo este tempo dicindo que había un buraco financeiro nas contas de Ravella.

    Redacción Salnés