Cambados tolea con Nicky Jam: ringleiras dende as 7 da mañá para facerse cunha entrada

CAMBADOS> Polémicas á marxe, a venda de entradas do concerto de Nicky Jam deixa imaxes insólitas en Cambados. Durante esta xornada, nas horas previas á apertura do despacho de billetes, mesmo se produciron ringleiras de mozos e mozas, ansiosos por consegui-lo seu pase. Algúns plantáronse no Paseo da Calzada cambadés contra ás 7 da mañá.

Vaia a que liou esta mañá Nicky Jam en Cambados. Hoxe puxéronse á venda as entradas para asistir ó seu concerto do Albariño e ás portas de Exposalnés formouse unha longa ringleira para conseguir un pase. Algúns madrugaron, e moito, para facerse coa súa.

Na ringleira, atopamos a moitos que din ser moi seareiros deste reguetoneiro.

Pero outros, que queren estar na cresta da onda, recoñecer vir arrastrados polos seus amigos.

El é Jorge, o primeiro da cola que, aínda que non se declara gran seguidor do artista en cuestión, non quere perde-la actuación. Cóntanos que é a súa primeira oportunidade para asistir a un concerto multitudinario e non o quere perder por nada do mundo.

O tempo foi pasando moi lento nesta ringleira, na que moitos botaron man de ferramentas para matalo tempo. Outros, botaron man de reforzos para face-la espera máis levadeira.

A actuación de Nicky Jam está programada para o 31 de xullo, no marco da Festa do Albariño de Cambados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí