![]()
PONTEVEDRA> O Presidente da Xunta de Galicia e Presidente do PP nesta comunidade, Alberto Núñez Feijóo, presidiu esta tarde…
{flowplayer}images/salnes/directiva_pp_pontevedra.flv{/flowplayer}
… en Pontevedra a xunta directiva provincial deste partido. Una reunión intensa e de celebración logo dos resultados que deixaron as urnas o pasado domingo, na que tódolos partidos desta provincia o Partido Popular acadou maioría. Núñez Feijóo destacou que por primeira vez na historia da democracia un galego, militante do PP de Pontevedra, será o próximo presidente do Estado.
Unha condición de galego que aseguran non condicionará a Mariano Rajoy á hora de compoñer o seu equipo de goberno en torno a cotas e premisas prefixadas, senón que o fará segundo o senso da necesidade que marca esta época de recesión. O Presidente do PP galego salientou tamén que a cidadanía adoita recorrer ó Partido Popular cando se atopa en tempos de serias dificultades económicas, o que lle dá un plus máis de recoñecemento a súa xestión.
No tocante a se a xestión da Xunta no que vai de lexislatura puidese ser un condicionante nestes resultados, Alberto Núñez asegurou que hai que diferencia cada comicio e consideralo en si mesmo. Con todo, asegurou que si había unha clara evolución positiva no voto ó partido que representa.
E falando de posibles candidatos á acompañar a Mariano Rajoy na próxima lexislatura, a cabeza de lista do PP pontevedrés Ana Pastor, respostou con retranca á pregunta de se estaría disposta a formar parte do novo equipo de goberno estatal.
Redacción Salnés








