A Asociación Cultural O Castro recibe o premio Galicia de voluntariado pola súa labor social

VILANOVA> A asociación O Castro recibe o premio Galicia de voluntariado. A asociación é recoñecida polas súas labores ao longo de todo o ano, entre as que destaca a atención ás persoas discapacitadas e da terceira idade. O premio ten unha partida de 4 mil euros que destinarán a sufragar os gastos da furgoneta que mercaron para poder trasladas ás persoas ás que axudan.

A asociación O Castro de Baión, en Vilanova, leva máis de 30 anos realizando labores de voluntariado. Unha ampla traxectoria que este año é recoñecida co premio Galicia de voluntariado. A asociación recibe este premio grazas as súas labores sociais.

O premio inclúe unha partida económica de 4 mil euros. Os cartos serán empregados para sufragar os gastos da furgoneta que tiveron que comprar para trasladar aos usuarios ás súas instalacións.

Dende a asociación, os seus 60 membros moi contentos, pero advirten que non baixarán os brazos e seguirán traballando para manter o nivel.

Coas labores de voluntariado, a asociación axuda a 15 persoas discapacitadas e a 25 persoas maiores. Os seus traballos son moi variados como actividades de estimulación da memoria ou exercicios de adestramento da motricidade e memoria. E todo o fan con activades que permitan aos usuarios entreterse como taller de música, de cociña e de debuxo.