Ó redor de 300 currículos nun só día

    COLAS_VILANOVAcopy.jpgVILANOVA> Esta foi a cantidade de documentos que o concello recibiu de persoas interesadas en traballar no centro comercial.

    {flowplayer}images/salnes/CURRICULUMS_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    A pesares do mal tempo, desde primeira hora da mañá, rexistráronse longas colas á espera de ser atendidos e facer efectiva a súa solicitude de emprego.

    A estes preto de trescentos currículos hai que sumarlles os seiscentos que outros veciños do Salnés xa achegaran, en menos dun mes, ás oficinas do servizo municipal de orientación laboral. Con todo, o alcalde quixo facer un chamamento á calma.

    En total, cando aínda a Promotora da gran superficie non conta coa licenza comercial, xa hai con preto de mil persoas dispostas a traballar nela. Gonzalo Durán sinalou, ademais, que a selección non se fará por orden de chegada e que será a promotora a que faga a selección do persoal.

    Por último, lembrou que o salón de plenos estará habilitado o tempo que faga falta en horario de nove da mañá a dúas tarde.

    Redacción Salnés