Sanción para o pósito de Cabo de Cruz pola exposición de datos

    agamarpotecciondatosconfrariacabo.jpgBOIRO> A denuncia ante a Axencia Estatal de Protección de Datos partiu da Asociación Galega de Mariscadores, Agamar.

    {flowplayer}barbanza/agamarpotecciondatosconfrariacabo.flv{/flowplayer}

    A presidenta de Agamar, Natalia Laíño, sinalou que a decisión da Axencia Estatal de Protección de Datos vén a darlles a razón na denuncia presentada no seu día por este colectivo, a raíz das queixas formuladas por un grupo de mariscadoras. Segundo Agamar o documento en cuestión cos seus datos persoais foi exposto publicamente no taboleiro de anuncios, ó que podían ter acceso usuarios del servizo público da lonxa como é o caso de compradores, intermediarios ou transportistas. Consideran que foi violado o seu dereito á intimidade.

    Sanción inxusta

    Pola súa banda, o patrón maior, Carmelo Vidal, considera que a sanción da Axencia Estatal de Protección de Datos é inxusta, polo que teñen previsto recurrila.

    Redacción Barbanza