A unidade de Atención Temperá de Rianxo dará servizo a uns 40 usuarios

RIANXO> Tal e como anunciou a Conselleira de Política Social, Rianxo contará cunha unidade de atención temperá para nenos de 0 a 6 anos. Dará servizo a uns 40 usuarios e instalarase no Pazo de Rianxiño. O concello pasa así a incorporarse á rede galega de atención temperá grazas a unha subvención autonómica que permitirá poñer en marcha o servizo para 2026.

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a concesión dunha subvención de preto de 300 mil euros ó concello de Rianxo para a posta en marcha dunha unidade de atención temperá.

O executivo comezará agora co proceso para a licitación do servizo tras un largo período iniciado con anterioridade para coñecer as necesidades e a demanda das familias.

Segundo as primeiras estimacións, o servizo podería atender a uns 40 usuarios, de entre 0 e 6 anos.