O delegado territorial na Coruña ratifica o compromiso da Xunta cos empresarios da Tomada

    POBRA> O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo un encontro de traballo con membros da directiva da asociación de empresarios do parque empresarial da Tomada na Pobra. A finalidade da xuntanza non era outra que interesarse polas súas principais demandas e anunciarlles diversas actuacións de mellora que vai realizar a Xunta neste polígono industrail. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, realizou esta mañá unha visita ó polígono da Tomada na Pobra do Caramiñal para manter un encontro con representantes de distintas empresas alí asentadas e interesarse polas súas principais demandas. Aproveitou ademais a visita para anunciar a mellora da accesibilidade a internet neste parque empresarial ata os 350 megas dentro do Plan de Banda Larga impulsado dende a Xunta. O delegado territorial referiuse tamén a outra importante actuación que entrará en funcionamento antes de finais de ano neste polígono co apoio da Xunta, como é a posta en marcha dunha gardería. Dende a asociación de empresarios do polígono referiuse tamén á necesidade de ampliación do chan industrial do municipio, para permitir que moitos empresarios poidan levar adiante o seu proxecto empresarial.